¿E que é?
– ¿E que é?
– ¡É un can cun quinqué!
– ¿E que é?
– ¡É un can cun quinqué!
Concha, de Muros
Camisa de fóra, métea dentro que xa é hora. M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
– ¿Dóeche a barriga? Dálle cunha estriga. Se a estriga é mol dálle cun fol. Se o fol é duro dálle cun bandullo. M. Barrio... Ler máis
– ¿Canto son vinte e vinte? – “Cuarenta”. – “Cagallós pra” quen os quenta. – Quen os quenta non está “eiquí”. “Cagallós pra”... Ler máis
Pola porta do tío Xan pasa o can do tío Miguel, cunhas polainiñas novas forradiñas de papel. Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…” Ler máis
– ¡Houbo un accidente! – ¿Onde? – ¡No cu do Presidente! Mini e Mero Ler máis
– Quen cho dixo? – Xan do Pixo, cagou “pa” ti e “pa” min non quixo. Ler máis
¡Picaches, picaches, que tunda levaches! Díselle a alguén a quen lle acabamos de gastar unha pequena broma. Anadosa, de Vigo Ler máis
– Canto son cinco e cinco? – Dez. – Fáltache a albarda, que burro xa es. Cristalina, de Parderrubias – Ourense Ler máis
– ¡Xa comín! – ¡Xacomín era gaiteiro! – ¡E Xabebín, tamborileiro! Cando o meniño/a non quere comer máis e di: “¡Xa comín!”,... Ler máis
Deixa unha resposta