Espeto, espeto
Espeto, espeto,
barruleto,
que saíu pola porta do vento,
a min me bufou
a min me cheirou.
Rebéntelle o cu
a quen o cagou.
Ditos de carácter escatolóxico ("ditos porquiños") que os nenos/as din para "chamar a atención" dos adultos.
Espeto, espeto,
barruleto,
que saíu pola porta do vento,
a min me bufou
a min me cheirou.
Rebéntelle o cu
a quen o cagou.
Díselle ás nenas/os cando cagan un peido.
Anxo, de Tabilo – Outes
O gaiteiro de San Xulián
fixo unha casa de merda de can.
Ó outro día mirou para ela
¡Ai, Xesús, que non ten cheminea!
Eduardo, de Ferrol
Unha vez era un portugués
que cagou por vós os tres.
San Paio de Navia – Vigo
Xan Perillán,
fixo unha casa
con merda de can.
“Saleu” para fóra,
mirou para ela,
“¡válgame Dios
que non ten cheminea!”.
Santiago de Compostela
Xan Carallán,
amigo das nenas.
Tanto lles “quer”
que mexa por elas.
Angélica, de Mondoñedo.
Xan Carallán,
fixo unha casa
de merda de can.
O outro día
foi a ela,
¡pobre de Xan
que non ten cheminea!
Xaime, Ferrolterra
Mira “pra” min,
que son de Lindín.
Mira “pra” atrás,
que cago mazás.
Bretoña.
Ao rinchinchín
Ao rabo de min,
Ao máis traseiro
cágolle un peido.