Para balancearse

Xogos para balancearse

Sei amasar

Sei amasar,
sei peneirar,
sei dar a volta
por riba do mar.

Dúas persoas (de altura semellante), unha fronte á outra e collidas polas mans abanean os brazos e no último verso dan unha volta sen soltar as mans.

María de Mugueimes (Muíños)

Serra, serra, miña “cansela”

Serra, serra, miña “cansela”,
ti polo mar e eu pola terra.

Dous rapaces/as están sentados/as no chan, un fronte ó outro coas pernas estiradas e tocándose cos pés. Agárranse das mans e mentres un se deixa caer para atrás o outro tira por el e viceversa. Márcase o ritmo dunha serra.

Ana de Vilariño (Poio)