Mecos para soprar
¿Cando cociches?
– ¿Cando cociches?
– Onte á noite.
– ¿E que fixeches?
– Un boliño.
– ¿E quen cho levou?
– Un ratiño.
– ¿E como ía?
– Co rabo dereito.
– ¿Imos a un preito?
Mecos para soprar
– ¿Cando cociches?
– Onte á noite.
– ¿E que fixeches?
– Un boliño.
– ¿E quen cho levou?
– Un ratiño.
– ¿E como ía?
– Co rabo dereito.
– ¿Imos a un preito?
Xógase cun pícaro/a pequeno/a. Mentres se vai preguntando e contestando, cada un mira ós ollos do outro sen moverse, e cando se di “¿Imos a un preito?”, cada un sopra contra a cara do outro. Trátase de non rir, o primeiro que ría, perde.
Fesguello, de Foz
-¿Foi o teu pai ós lobos?
– Foi.
– ¿Trouxo moitos?
– Trouxo.
– ¿Imos a eles?
– Imos.
Tense a criatura no colo e fálase con ela do xeito anterior. Ó rematar, comezan ambos a soprárense na cara un co outro, a cada cal máis forte.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
– ¿Onde está o gatiño?
– Na ventaíña.
– ¿E que come?
– Pan e sardiña.
– ¿Imos a un preito?
– ¡Co rabo dereito!
O diálogo faise entre dous e ó final sopran un cara ó outro a ver quen sopra máis. Se se fai con nenos/as moi pequenos hai que soprar de “mentiras” para non magoalos.
Rosa, de Vilanova de Arousa