Danzados

Xogos danzados

Unha, dúas, tres

Unha, dúas, tres,
Sancho, Perico e Andrés.

Este recitado serve para aprender a bailar agarrado: danse tres pasos para adiante mentres se din os números e dáse unha volta mentres se din os tres nomes.

Ana Outón, de Vilariño – Poio

Danzados en roda

As abelliñas de San Miguel

As abelliñas de San Miguel
andan todas arredor do mel
e de mel e de “melacha”
o que ría ponse de cachas!

Mentres a roda xira, vaise cantando a copla e, ao rematar esta, as nenas e nenos intentan facer rir os demais facendo carantoñas e monadas. Quen ría terá que poñerse de cachas e xirar deste xeito. O xogo remata cando só queda unha persoa sen rir.

Helena, de Xeve – Pontevedra

(máis…)