Pedra, pedriña
Pedra, pedriña,
ben redondiña.
Tirulirulá,
tiruliruliña.
Pedra, pedriña,
ben redondiña.
Tirulirulá,
tiruliruliña.
Sentados no chan en círculo as nenas e nenos participantes con cadansúa pedriña diante, pásanlle esta ao compañeiro ou compañeira da dereita ao tempo que se di o recitado. A continuación, seguindo o mesmo ritmo, cadaquén pasa a que acaban de deixarlle diante e así sucesivamente. É un xogo de colaboración moi divertido.
Veiga, Paco “O libro dos xogos…”
Na banda de aló do río, ten meu pai un castiñeiro que dá castañas en maio, uvas brancas en xaneiro. Rico Verea, Manuel:... Ler máis
– ¡Ai, comadre, roubáronme as galiñas…! – ¡Ai! Eu non fun. Estas galiñas son miñas… – ¡De iso nada! Esas son... Ler máis
Pola Ponte de San Xoán vinte e cinco cegos van. Pola ponte de San Xoán vinte e cinco cegos van. Cada cego coa... Ler máis
Nun café rifaron un gato, un, dous, tres e catro. Un, dous e tres, zapatiño inglés. A ver a quen lle toca o número... Ler máis
Chirlo mirlo, vaite deitar polas portas do lugar que xa te iremos a buscar. M. Barrio – Eladio Rodríguez: “Diccionario…” Ler máis
Unha, dúas, tres Paco, Perico e Andrés. Mariló, de Brión Ler máis
– Ten tinta, Antón? – Tinta Antón ten. Ler máis
Don Xulián foi á misa; veu un can e comeulle a camisa. Marcha can, que non é pan, que é camisa de Don Xulián. Concha García: “Para... Ler máis
Cabaliño que vas de a cabalo, sete muxicas che peten no rabo. Sete por riba, sete por baixo, alá vai (nome do neno/a)... Ler máis
Rabo de cocha, rabo de besta, dixo meu pai que estaba nesta. Nesta estará, dixo o cura que era “verdá”. A nosa memoria- Marín (máis…) Ler máis
Deixa unha resposta