Agradecementos
Agradecementos especiais ás seguintes persoas e institucións:
- A Maruxa Barrio e Enrique Harguindey, autores dun dos libros básicos para a recuperación do noso folclore infantil tradicional: “Lerias e enredos para os máis pequenos”.
- A Mini e Mero, cantores, descubridores e repartidores dos tesouros da nosa literatura oral.
- A Paco Veiga e a todas as persoas entusiastas que traballan na recuperación e difusión dos nosos xogos tradicionais.
- Ós Titiriteros de Binéfar, artesáns da alegría e da diversión do teatro e da música populares.
- A Manuela, a Balles e a todas as persoas que fan funcionar a fábrica de soños da Editorial Kalandraka.
- A Sabela, traballadora infatigable e xenerosa a prol da nosa lingua e da nosa cultura.
- A Amelia, Helena, Teresa e a todas as persoas que compartiron e compartirán connosco os seus ditos e recitados.
- A Kiko, porque sen o seu enorme traballo e entusiasmo este proxecto nunca sería realidade.
- A María, por todo, incluídos os debuxiños.
Deixa unha resposta