Para aloumiñar a man
Queres que che faga a boaventura?
A boaventura
que Deus che ha de dar,
se che pica a mosca
terás que rascar.
Para aloumiñar a man
Manxurriña, manxurriña,
come pan e ceboliña
¿Ves o gato no unto?
Escapa que che apunto.
Comézase facéndolle cóxegas na palma da man á/ó nena/o e cando se di “¿Ves o gato no unto?”, sinálase ó teito e no “Escapa que che apunto”, dáselle unha palmadiña na man á/ó nena/o.
Sabela, da Pontenova- Lugo
Queres que che faga a boaventura?
A boaventura
que Deus che ha de dar,
se che pica a mosca
terás que rascar.
O adulto pregunta e o/a neno/a tende unha man. O adulto, co seu dedo indicador faralle riscos e cruces na palma ó tempo que di: “A boaventura…” Cando chega ó último verso, o adulto, cos seus dedos apiñados, faille cóxegas na palma da man ó/á neno/a, que ó momento a retirará. Repítese o xogo cantas veces se queira.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Palma, repalma
“chica” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?
– Grande
– ¡Pumba!
– Pequena
– ¡Tin!
Redonda, redonda,
“chiquita” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?
Redondiña, redondiña,
¿grande ou pequeniña?
M. Barrio