Cachola, cachola
Cachola, cachola
que vas para a escola.
“Cabesa, cabesa,
Non des na artesa.
Angaso, angaso,
Non des nun braso”.
Calacú, calacú,
Que che dou no cu.
Cachola, cachola
que vas para a escola.
“Cabesa, cabesa,
Non des na artesa.
Angaso, angaso,
Non des nun braso”.
Calacú, calacú,
Que che dou no cu.
A nosa memoria- Marín
Pola cheminea enriba
vai un foguete
e ó que se descoida
cáelle un “cachete”.
M. Barrio – F. Lanza: “Falan os de Ribadeo…”
– Dimas e damas
foron ó mar
Dimas caeu,
¿Quen quedou?
– Damas.
– Pois, tómaas.
Cando o/a neno/a di “damas” o adulto dálle unha labazadiña na cara.
M. Barrio
A, e, i, o, u,
azoutiñas no teu cu.
O adulto vaille dando azoutiñas ó/á neno/a mentres recita.
M. Barrio – Francisco Lanza: “Falan os de Ribadeo”
A linda Barboriña
tiña a boca pequeniña
e os ollos “moxinetes”:
“escápate”, Pauletes.
M. Barrio – X. Taboada Chivite: “Etnografía Galega”.