Para comezar historias
- “Dunha vez, era un neno…”
- “E, doutra vez, era un lobo…”
- “Daquela, non sei cando nin como…”
- “No tempo de María Castaña…”
- “Era un neno que…”
- “Había unha nena que…”
- “Era unha vez un neno que…”
- “Había unha vez unha nena que…”
Cando se contan varios contos, como é habitual, o seguinte conto empeza por :” E, doutra vez, era un lobo…
Esperanza, Mouriz- Rodeiro
Pepe de Celeirao – Lourenzá (Lugo)
Este queixo queixolán. Esta boca pide pan. Este “narís” pis, pis. Estes ollos revirollos. Esta testa “testaruda”… ¡e este peliño de burra! Como no anterior,... Ler máis
Pedro Miñol tiña unha col. Veu a cabra e comeu a col. Veu o pau e pegoulle á cabra. Veu o lume... Ler máis
Rabo de boi, rabo de besta, dixo meu pai que estaba nesta. Unha persoa garda, ás escondidas, un obxecto pequeno (pedra, caramelo…) nunha... Ler máis
Este foi ó mar e non pescou nada. Este foi ó mar e pescou unha pescada. Este quedou en terra e... Ler máis
– Piruchiño, queres pan? – Quero, se mo dan. – Vai buscar o coitelo! – Pois “logho” non quero. Díselle ós nenos/as cando... Ler máis
Vente, ventiño, vento mareiro, que se non vés non come o larpeiro. Vente, ventiño, vento mareiro, que se non vés non vén o barqueiro. Rico Verea, Manuel:... Ler máis
Chove, chove na casa do pobre. Neva, neva na cas de Varela. Xea, xea na cas de Garea Trona, trona na cas de Ramona. Pinga, pinga na casa... Ler máis
Unha pega merga, reborderga, gorda, rebirigorda, acotobelada e xorda cría pegos mergos, rebordergos, gordos, rebirigordos, acotobelados e xordos. Se non criase pegos mergos, rebordergos, gordos, rebirigordos, acotobelados... Ler máis
Serra, comadre, serra, compadre, na serreiriña do señor abade. Ti coa lima e eu coa serra gañaremos cartiños coma terra. Cóllese o bebé dos braciños,... Ler máis
– Por que non te cociches, verza? – Porque non me revolviches, besta. Dise para aprender que as verzas hainas que... Ler máis
1 Comentario
“Naquel tempo no que os animais falaban…”