Burlas, disparates e mentiras
¿Que horas son?
– ¿Que horas son?
– As de onte por estas horas, se es burro/a cóntaas todas.
– Burro/a serei, pero en ti montei.
– Montar, montaches e no chao acabaches.
Burlas, disparates e mentiras
Novo
– ¿Que horas son?
– As de onte por estas horas, se es burro/a cóntaas todas.
– Burro/a serei, pero en ti montei.
– Montar, montaches e no chao acabaches.
Emprégase cando alguén pregunta que hora é, o/a burlado/a retruca e volve ser burlado/a.
Xabi Xardón, da Limia
Novo
– ¡Aaah!
– ¡Dixo o burro á mañá!
Emprégase cando alguén cae da burra, ou sexa, cando entende algo que para un era obvio ou moi evidente, e o expresa dicindo: “¡Aaah!”
Xabi Xardón, da Limia
Novo
Había unha vez un gato pedrés
que cagou para vós os tres.
Había unha vez un pedrolo
que cagou para ti “solo”.
É un dito que se lles di ós nenos e nenas que porfían en escoitar outro conto cando xa levan escoitado moitos.
Anxo, de Orro – Noia
Novo
– Sabes que?
– Que?
– Que o ollo do cu non ve.
– Sabes cando?
– Cando?
– Cando está cagando.
– Sabes onde?
– Onde?
– Na casa do conde.
Este é un dos moitos ditos que hai para lle gastar bromas a alguén que é especialmente curioso/a e que vai respondendo todas as preguntas para saciar a súa curiosidade.
Anxo, de Orro – Noia
Novo
Santa Lucía,
morreu miña tía.
Dáballe papas,
non as quería.
Dáballe leite,
que ben o lambía.
Anxo, de Orro – Noia
Novo
Luís, Luís,
copa de cana,
copa de anís,
caeu da cama
e rompeu o “narís”
Anxo, de Orro – Noia
-¡Tranquilo!
-Tranquilo morreu cagando agarrado a un pé de millo
e súa nai esperando por el no camiño.
É a contestación para cando nunha conversa che din: “¡Tranquilo!”.
Anxo, de Orro – Noia
– ¿Quen cho dixo?
– Xan do Pixo,
cagou “pa” ti
e “pa” min non quixo.
“Padre nuestro” piquinín
fun ao ceo e volvín.
Vin a un picarín
comendo pan e toucín.
Pedinlle un bocadín
e deume no fucín.
Alba, de Ribadeo
A tía Gancha tiña a cunca furada
e a culler chamuscada.
Cando chegaba á boca,
xa non levaba nada.
Maika, de Bande