Canto ou son para apazugar ou adurmiñar o neno/a

Pedro Chosco (varias versións)

Novo

Aí vén Pedro Chosco
por baixo da porta
“dicíndolle” ás nenas
que pousen a roca.
Tamén vén Antón
e dilles que non,
que fíen as nenas
para o seu camisón.

Anxo, de Santiago de Compostela

Novo

Ai, o meu meniño pequeno.
Ai, heino de mandar á escola.
Ai, heille de comprar un “trompo”,
ai, e mais unhas castañolas.
Pedriño chosco,
xa podes marchar,
e déixame as nenas,
que queren fiar.

Anxo, de Santiago de Compostela

(máis…)

Rebe, rebe, reberrola

Rebe, rebe, reberrola,
¿quen te ha de calentare?
Túa nai vai no muíño
e teu pai vaina “buscare”.

O apelativo cariñoso “reberrola” pode significar segundo pescudas do informante:
1. Cativa de pouco tempo, e xa que logo, engurradiña. Viría de reberse, que pode significar Engurrarse a pel facendo pregas.
2. Meniña de pelo rizo ou de punta. Sería un hipocorístico do antropónimo céltico Reburro/Reburra (con variantes Reburrino/Reburrina), que significa iso mesmo.

Casdeiro, de Andabao – Boimorto

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies