Os de Ourense
Os de Ourense
mataron un burro,
os da Coruña
comérono “crudo”
e os de Vigo
mandaron recado
que lles “gardaran”
a punta do rabo.
Os de Ourense
mataron un burro,
os da Coruña
comérono “crudo”
e os de Vigo
mandaron recado
que lles “gardaran”
a punta do rabo.
M. Barrio I. Rielo: “Cancioneiro…”
Manga rachada foi a Castilla e no camiño topou unha filla toda vestida de seda labrada porque era filla de Manga Castaña. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” (máis…) Ler máis
Unha salve á lúa nova que non nos morda can nin cobra, que non nos caia dente nin moa. Muíños Ler máis
Seradela vai, seradela vén, picotaso vai, picotaso vén, sssssssssssss Cántase cando se vai coas vacas para que pensen que hai moscas e escapen para... Ler máis
– Deus cho pague, que é miolo. – Dixo a vella polo bolo. Dise para agradecer algún pequeno favor, pero de... Ler máis
Díxolle o millo á liñaza: – Ándate ti, espepitada, que ós tres días estás nada. E a liñaza respondeulle: – Seica coma ti,... Ler máis
Benito, maldito, matáchesme un pito na fonte dos velos con sete coitelos. Benito a matar o pito a gritar: ¡Cala, Benito, que mas has de pagar! A... Ler máis
Salouco trouco, vaite de min e métete noutro. Díselle aos nenos/as cando teñen un salouco (impo). Moncho, de Castrelos – Vigo (máis…) Ler máis
O meu marteliño de cabo de ferro cinco “reás” me custou, seis vale, sete pido, oito quero, e o que dea novembro en dez lévao. M.... Ler máis
Andando ás nocellas perdín as ovellas. Vou a miña nai que me arrinque as orellas. Miña nai non estaba na casa, á noite virá... Ler máis
Punto, repunto, Señor Director, para o ano que vén seremos mellor. Punto, repunto, Señor Director, para o ano que vén ¡seremos peor! Ler máis
Deixa unha resposta