O salouco (varios)
Salouco trouco,
vaite de min
e métete noutro.
Salouco, trouco,
vaite de min para outro.
Salouco trouco,
vaite de min
e métete noutro.
Díselle aos nenos/as cando teñen un salouco (impo).
Moncho, de Castrelos – Vigo
Salouco, trouco,
vaite de min para outro.
M. Barrio
Pola porta do tío Xan pasa o can do tío Miguel, cunhas polainiñas novas forradiñas de papel. Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…” Ler máis
Alto cabalo que vas para Leiro, que levas a filla de Pepe o leiteiro. Eva Otero, Rianxo Ler máis
Come e come ben e ponte gordo e se te chaman fai o xordo. Teodoro, do Valadouro (máis…) Ler máis
– Como che vai, Sindo? – Ás veces chorando, ás veces rindo. Geni e Elena, de Alxén – Salvaterra Ler máis
– Isto que son orellas ou campás? – Campás. – As campás hai que tocalas ¡Din, dan! ¡Din,dan! – Isto que son... Ler máis
– Teño fame! – Tes fame? Traba no cu e comes carne. Ler máis
Cuco de maio, cuco de abril, cóntame os anos que hei vivir. M. Barrio- I. Rielo: “Cancioneiro…” Ler máis
Por detrás daquel toxo vai un pito coxo. Corre, pito coxo, pito coxo, corre. Victoria, de Sebil – Cuntis (máis…) Ler máis
Unha vella mufella mufella fifirifella de mi carantella tivo un fillo mufillo mufillo fifirifillo de mi carantillo. Mandouno á caza mufaza... Ler máis
“Padrenuestro”, aí vén o “maestro”, santificado, co pau levantado. ¡Aparta, “rapás”, que vén “arrabeado”! Amelia de Saiar (máis…) Ler máis
Deixa unha resposta