Chorro morro
meu real,
saes ti
pola porta real,
sae sanuco
rabo de cuco,
sae labrar
e sementar
nas herbiñas
de Portugal.
M. Barrio M. Fabeiro Gómez: “Cancioneiro de... Ler máis
Choupín choupiñeiro,
dime onde está o teu compañeiro.
Dito referido á recolleita de cogomelos na comarca valdeorresa, onde a especie máis... Ler máis
– Deus cho pague, que é miolo.
– Dixo a vella polo bolo.
Dise para agradecer algún pequeno favor, pero de... Ler máis
Xan Pericán,
a cabalo dun can,
o can era coxo,
tirouno nun toxo.
Xan Pericán berraba
e o can escapaba.
Rocío de Brues (Boborás)
Ler máis
Andando ás nocellas
perdín as ovellas.
Vou a miña nai
que me arrinque as orellas.
Miña nai non estaba na casa,
á noite virá... Ler máis
Eu tiña dez canciños.
Un non come nin bebe,
non me quedan máis que nove.
Dos nove que me quedaban,
un comeu un... Ler máis
– Por que non te cociches, verza?
– Porque non me revolviches, besta.
Dise para aprender que as verzas hainas que... Ler máis
Seradela vai,
seradela vén,
picotaso vai,
picotaso vén,
sssssssssssss
Cántase cando se vai coas vacas para que pensen que hai moscas e escapen para... Ler máis
Detrás do outeiro
da pedra furada
había un bacelo
que o vello plantara.
Veu a cabra,
comeu o bacelo
que plantara o vello
detrás do outeiro
da... Ler máis
Unha e unha, dúas;
quero filloas das túas.
Dúas e dúas, catro;
ben postiñas no prato.
Catro e catro, oito;
dáme tamén biscoito.
Oito e... Ler máis
Deixa unha resposta