Este meniño ten sono
Este neno ten soniño,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado,
outro xa non pode abrir.
Este neno ten soniño,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado,
outro xa non pode abrir.
M. Barrio – E.M. Torner : “Cancionero…”
– E coñeces a Xan?
– Que Xan?
– O que ten cara de can,
paspón, leiliño, entroido.
– E coñeces a Pedro?
– Que Pedro?
– O “irmao” de Xan,
o que ten cara de can,
paspón, leiliño, entroido.
Mini e Mero
– Unha, dúas, tres e…?
– Catro.
– Tíralle do rabo ó gato!
Mini e Mero
– Cantos son 50 e 50?
– Son 100.
– Anda o burro no alcacén.
Mini e Mero
– Piruchiño, queres pan?
– Quero, se mo dan.
– Vai buscar o coitelo!
– Pois “logho” non quero.
Díselle ós nenos/as cando cambian de opinión sen motivo xustificado.
Teresa de Lérez
Aserrín,
aserrán
os madeiros
de San Xoán.
Os de enriba
serran ben
e os de embaixo:
Tamén, tamén, tamén.
Co/a meniño/a sentado/a no colo, collémolo/a polas mans e movémolo adiante e atrás, con cada liña de texto. Coa última, danse tres sacudidas (segundo a idade do/a meniño/a máis ou menos fortes).
Olizinho de Noia
– Teño fame!
– Tes fame? Traba no cu e comes carne.
Que pensarei con esta (sinalando a fronte)
para encher este (estómago)
para que non traballe este nin este (os brazos).
Rézase persignándose.
Mira “pra” min,
que son de Lindín.
Mira “pra” atrás,
que cago mazás.
Bretoña.
Febreiriño corzo,
cos seus vinte e oito,
se dura máis catro,
non queda can nin gato,
nin rato dentro do burato.
Esther, de Ourense