Man morta, man morta,
vai petar á túa porta.
¡Pumba!
O adulto abanéalle a man ó/á neno/a , que a ten “morta”.... Ler máis
– Como che vai, Sindo?
– Ás veces chorando,
ás veces rindo.
Geni e Elena, de Alxén – Salvaterra
Ler máis
Ben falado! dedicounos o capítulo 110 o 19 de decembro de 2008.
Ben falado! É un microespazo de cinco minutos... Ler máis
Canta, neniño, canta,
que te hei de levar á santa.
chora, neniño, chora,
que tes un chorar que namora.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
“Vixiguento”,
mal contento,
pide pan
e non llo dan
e “rabea” coma un can.
O adulto vaille collendo os dedos ó/á neno/a dende o... Ler máis
Pinto, pinto,
gagarabinto,
teño unha vaca
de vinte e cinco.
Teño un boi
que sabe arar;
tamén sabe
trompicar;
dar a volta
ben redonda
esa nena
que se esconda.
Sabela Gil.
... Ler máis
– Cantos son 50 e 50?
– Son 100.
– Anda o burro no alcacén.
Mini e Mero
Ler máis
– ¿Como te chamas?
– Come castañas.
– ¿E de apelido?
– Caldo cocido.
M. Barrio
(máis…)
Ler máis
Durme, meu roliño, durme,
durme, durme, meu rolo,
e cando espertes dime
se hai berce como o colo.
M. Barrio – C. Sampedro:... Ler máis
– Corvo queimado,
que levas no rabo?
– Leite mazado.
– Quen cho dou?
– A María do Coucou.
– Con que lle deches?
–... Ler máis
Deixa unha resposta