Hoxe é luns,
mañá é martes,
corta feira logo vén,
de mañá en oito días
éche a semana que vén.
M. Barrio – R.... Ler máis
Este neniño que teño no colo
é dun amor que lle chaman Vitorio.
“Dios” que mo deu que mo leve logo,
por... Ler máis
– Compañeiro, sei tocare.
– Compañeiro, ¿que sabes tocare?
– Sei tocare o gaitieiro.
– ¿Como se toca o gaitieiro?
– Chirulí, chirulí,
chirulí,... Ler máis
Arre ru, meu meniño.
Arre ru, meu rapaz.
Arre ru, meu meniño,
ben arruladiño vas.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
Aserrín,
aserrán
os madeiros
de San Xoán.
Os de enriba
serran ben
e os de embaixo:
Tamén, tamén, tamén.
Co/a meniño/a sentado/a no colo, collémolo/a polas mans... Ler máis
E, neniña, e,
que che hei dar o té
e mais as papiñas
nun cacharolé.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
Arronrón,
cascarrón.
A mamá,
na vendima.
O papá,
no carbón.
Cántase facendo énfase nas consoantes para durmir os pequenos.
Mercedes Fernández Rodríguez, do Saviñao
Ler máis
Paxarela, pousa, pousa,
que che hei de dar unha cousa.
M. Barrio – A. Mª de la Iglesia. “El idioma…”
Pousa, pousa,
María... Ler máis
Este queixo queixo é.
Esta boca come pan.
Este ollo reberete
e este outro seu irmán.
¡Tira, “ghabilán”!
A nosa memoria- Marín
Ler máis
Mira “pra” min,
que son de Lindín.
Mira “pra” atrás,
que cago mazás.
Bretoña.
Ler máis
1 Comentario
Manxurriña, manxurriña, come pan e ceboliña,
manxurriña, manxurriña, come pan e cebolliña,
se máis tivera máis comera,
Deus llo pague a quen se llo dera,
¿Viches o gato no unto? ! Pun que te apunto! !Pun que te apunto!