E, neniña, e
E, neniña, e,
que che hei dar o té
e mais as papiñas
nun cacharolé.
E, neniña, e,
que che hei dar o té
e mais as papiñas
nun cacharolé.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Dedín, dedín, samarroquín, rabo de rula, mazarula, cando o rei por aquí pasou, todas as damas conquistou, menos unha que queedouuuuu. A medida que se recita vanse tocando e... Ler máis
Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece, catorce, quince, dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove e vinte, vinte e unha,... Ler máis
Pequeniño, “Mai-grandiño”, Pai de todos, Furabolos e “Mata-pollos”. Angélica, de Mondoñedo Ler máis
– ¿Cando cociches? – Onte á noite. – ¿E que fixeches? – Un boliño. – ¿E quen cho levou? – Un ratiño. – ¿E como... Ler máis
Arronrón, cascarrón. A mamá, na vendima. O papá, no carbón. Cántase facendo énfase nas consoantes para durmir os pequenos. Mercedes Fernández Rodríguez, do Saviñao Ler máis
A serriña serra, ti polo mar e eu pola terra. Ler máis
Arre ru, arre ru, cunha tranquiña no cu. Morrerán os vellos todos quedaremos eu e “tu”. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Serra, comadre, serra, compadre, na serreiriña do señor abade. Ti coa lima e eu coa serra gañaremos cartiños coma terra. Cóllese o bebé dos braciños,... Ler máis
Este queixo queixolán. Esta boca pide pan. Este “narís” pis, pis. Estes ollos revirollos. Esta testa “testaruda”… ¡e este peliño de burra! Como no anterior,... Ler máis
“Tu” coa serra, eu co serrón. Veñan cuartos ó meu bolsón. Cóllese o neno/a no colo e séguese o ritmo deixándoo caer un... Ler máis
Deixa unha resposta