Dedín, dedín,
samarroquín,
rabo de rula,
mazarula,
cando o rei
por aquí pasou,
todas as damas
conquistou,
menos unha que
queedouuuuu.
A medida que se recita vanse tocando e... Ler máis
Durme, meu solciño, durme,
para que eu poida traballar.
Teño que lavar os panos,
peneirar e amasar.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Ler máis
– ¿Cando cociches?
– Onte á noite.
– ¿E que fixeches?
– Un boliño.
– ¿E quen cho levou?
– Un ratiño.
– ¿E como... Ler máis
Súa nai vai no muíño
e seu pai non ten que darlle
e a meniña chora chora,
dálle que dálle.
A nosa memoria-... Ler máis
E que tes,
e que foi,
aí che vén teu pai
e mais a túa nai,
ah…
Ah, meniña, ah,
zapato no pé,
sardiña salgada
para o... Ler máis
Este neno ten soniño,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado,
outro xa non pode abrir.
M. Barrio – E.M. Torner :... Ler máis
Serra, comadre,
serra, compadre,
na serreiriña do señor abade.
Ti coa lima
e eu coa serra
gañaremos cartiños coma terra.
Cóllese o bebé dos braciños,... Ler máis
Río Miño,
vai caladiño,
non me espertes
o meu meniño.
M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…”
Ler máis
Rivi, rivi, rivirola,
se non queres calar, chora.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
Dinquirindín,
dinquirindán.
¿Quen morreu?
O sancristán.
¿Quen lle toca?
Seu irmán.
¿E con que?
Co rabo do can.
Unha persoa colle o/a neno/a polos brazos e outra... Ler máis
1 Comentario
Esta meniña que teño no colo,
Non é miña que é de San Antonio.
Esta meniña é deste lugar,
Deus que ma deu, que ma deixe criar.