Xan e Pedro
Xan e Pedro
foron ó monte.
Marchou Xan.
Marchou Pedro.
Volveu Xan.
Volveu Pedro.
Xan e Pedro
foron ó monte.
Marchou Xan.
Marchou Pedro.
Volveu Xan.
Volveu Pedro.
Xógase batendo cos dedos das dúas mans nunha mesa. Primeiro póñense nas uñas dos dous dedos índices cadanseu adhesivo (un é Xan e o outro é Pedro) e bátese con eles enriba da mesa, un despois do outro (os demais dedos teñen que estar recollidos na man) mentres se di o recitado. No momento en que se di “Marchou Xan” hai que cambiar de dedo e pousar o dedo do medio desa man agochando o que ten o adhesivo. Faise o mesmo co outro cando se di “Marchou Pedro”. Despois, ó dicir “Volveu Xan” vólvese poñer o dedo índice encol da mesa e o mesmo con Pedro.
Serra, comadre, serra, compadre, na serreiriña do señor abade. Ti coa lima e eu coa serra gañaremos cartiños coma terra. Cóllese o bebé dos braciños,... Ler máis
“Tu” coa serra, eu co serrón. Veñan cuartos ó meu bolsón. Cóllese o neno/a no colo e séguese o ritmo deixándoo caer un... Ler máis
Palma, repalma “chica” morena. ¿Como a queres, grande ou pequena? – Grande – ¡Pumba! – Pequena – ¡Tin! (máis…) Ler máis
Toca palmiñas, que vén o papá. Toca palmiñas, que logo virá. O adulto recita dando palmas para que o/a neno/a o imite. M. Barrio... Ler máis
Arre, cabaliño, para o Santiaguiño, buscar pan e viño para este meniño. M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro da Terra Chá (Pol)” Ler máis
Durme, meu solciño, durme, para que eu poida traballar. Teño que lavar os panos, peneirar e amasar. M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…” Ler máis
Tris, tras, a estopa urdirás co pé para adiante co cu para atrás. M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…” Ler máis
Ai ah, ai ah. Andan os porcos no pan. ¿De quen son? ¿De quen son? Son do Señor Capitán. Ai ah, ai ah. Andan os... Ler máis
Durme, miña nena, durme, ¿quen te ha de “acalentare”? que túa nai vai no muíño e teu pai vaina “buscare”. Durme, miña nena,... Ler máis
Palmas, palmiñas, que vén o papá. Palmas, palmiñas, que ¿cando virá? Ler máis
1 Comentario
Eu llela cantaba do seguinte modo:
Dous pequenos paxariños
Nunha rama están
Un chámase Pedro,
E o outro chámase Xan.
Vaite voando Pedro!
Vaite voando Xan!
Volve voando Pedro!
Volve voando Xan!!
A dramatización é similar e a verdade é que quedaban moi sorprendid@s. En lugar de pegatina as veces debuxaba sendos paxariño coa inicial nuns roliños de papel que pegaba ao redor dos dedos. Outras dáballesos os papeliños e os debuxaba eles e elas e outras debuxabamos uns ollos e un pico coa inicial en cada dedo. En fin, un xogo moi divertido.