“Tu” coa serra
“Tu” coa serra,
eu co serrón.
Veñan cuartos
ó meu bolsón.
“Tu” coa serra,
eu co serrón.
Veñan cuartos
ó meu bolsón.
Cóllese o neno/a no colo e séguese o ritmo deixándoo caer un pouco.
Noemi de Allariz
Heille de dar a meu neno cocidiño con repolo, as orellas dunha pulga, as costelas dun piollo. Blanco, Domingo: “A poesía popular…” Ler máis
Rosiña foi a París nun cabalo gris ó paso, ó trote, ó galope, galope, galope. O/a neno/a cabalga sentado na perna do adulto... Ler máis
Molliña, molliña, na túa cariña. Mollón, mollón, no teu carón. Cóllense as mans do neno ou da nena e, con elas, acaríñanse alternativamente... Ler máis
Esta meniña ten sono, ten ganiñas de durmir, ten un olliño pechado e o outro non o pode abrir. Ler máis
Dínculin, dínculin dínculin, dan. ¿Quen morreu? O tío Xan coas ciroliñas na man Dínculin, dínculin, dínculin, dan. Eva Otero, Rianxo Ler máis
Canta, neniño, canta, que te hei de levar á santa. chora, neniño, chora, que tes un chorar que namora. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Arrurrú, arrurrú, arrurrú cunha tranca no cu. Amelia de Forcarei. (máis…) Ler máis
Pon, pon, pon a lancha de Beceiro, pon, pon, pon vira patas “pra” arriba, pon, pon, pon, cargada de carbón, pon, pon, pon, na ría de... Ler máis
O meniño “quer” durmir, súa nai estalle cantando. Durme, meu ruliño, durme, que eu te estarei arrolando. M. Barrio – J. Casal: “Cancionero…” ... Ler máis
Hora, meniño, hora, miniño, que están as sopas no “caceroliño”. Meniño e hora, se non queres calar chora. M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…” Ler máis
Deixa unha resposta