O muíño a moer
O muíño a moer
e os ratiños a comer.
Collinos polo rabo
e boteinos no tellado.
Collinos pola orella
e boteinos á canella.
O muíño a moer
e os ratiños a comer.
Collinos polo rabo
e boteinos no tellado.
Collinos pola orella
e boteinos á canella.
Ó dicir collinos polo rabo, túrraselle polo pelo ó/á neno/a e ó dicir collinos pola orella, turraselle da orella.
María Carmen Pérez, de San Cristovo de Cea
A linda Barboriña tiña a boca pequeniña e os ollos “moxinetes”: “escápate”, Pauletes. M. Barrio – X. Taboada Chivite: “Etnografía Galega”. Ler máis
Ven, sonín, ven polo carqueixedo. Ven, sonín, ven e durme esta nena. Hai un dito relacionado con este arrolo que se lles di ós/ás... Ler máis
Arrunrún, cascarrún, hoxe non e mañá si. E dálle do mar e dálle da Ría, que está na cama o pai desta cría. E dálle da... Ler máis
Trispilistrás, trispilistriñas, o que non come non ten barriguiña. Trispilistrás, trispilistrolas, o que non come non ten barrigola. Mentres recita, o adulto acaricia... Ler máis
Manxurriña, manxurriña, come pan e ceboliña ¿Ves o gato no unto? Escapa que che apunto. Comézase facéndolle cóxegas na palma da man á/ó... Ler máis
Miña boca que te abres con ganiñas de te abrir, ou é sinal que tes fame ou é que tes que durmir. Cando... Ler máis
Arronrón, cascarrón. A mamá, na vendima. O papá, no carbón. Cántase facendo énfase nas consoantes para durmir os pequenos. Mercedes Fernández Rodríguez, do Saviñao Ler máis
Hora, meniño, hora, miniño, que están as sopas no “caceroliño”. Meniño e hora, se non queres calar chora. M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…” Ler máis
Paxariños que voades polas follas dos loureiros, deixade durmir o neno, que está no sono primeiro. M. Barrio – Torner: “Cancionero…” Ler máis
Este é o dedo meniño, este é o seu sobriño, este é o pai de todos, este é o furabolos e este, o... Ler máis
Deixa unha resposta