O muíño a moer
O muíño a moer
e os ratiños a comer.
Collinos polo rabo
e boteinos no tellado.
Collinos pola orella
e boteinos á canella.
O muíño a moer
e os ratiños a comer.
Collinos polo rabo
e boteinos no tellado.
Collinos pola orella
e boteinos á canella.
Ó dicir collinos polo rabo, túrraselle polo pelo ó/á neno/a e ó dicir collinos pola orella, turraselle da orella.
María Carmen Pérez, de San Cristovo de Cea
“Calai”, non facer barullo que está o meu neno, estanlle saíndo os dentes porque aínda é moi pequeno. M. Barrio – X. Lorenzo:... Ler máis
O meniño “quer” durmir, súa nai estalle cantando. Durme, meu ruliño, durme, que eu te estarei arrolando. M. Barrio – J. Casal: “Cancionero…” ... Ler máis
Durme, meu roliño, durme, durme, durme, meu rolo, e cando espertes dime se hai berce como o colo. M. Barrio – C. Sampedro:... Ler máis
Xabón xirigato, xabón xarelo, ¡déixate de xoldas, xabón! ¿Escorregaches, Simón? Recítase mentres os/as pícaros/as lavan as mans cun xabón esvaradío. Eva e Manolo, do... Ler máis
Se vas á carnicería que non che corten nin por aquí nin por aquí nin por aquí… ¡Que che corten por aquí! O adulto cóllelle... Ler máis
Arre, bestiña, á casa da madriña a tomar a boliña que está cocidiña. Arre, bestón, á casa de Antón a tomar o bolón que está cocedón. Na... Ler máis
Paxariño, rechinchiño, vaite esconder detrás da pía de tía Inés que “te” toca a túa dita “ves”. Vanse tocando os dedos do bebé... Ler máis
Este queixo queixolán. Esta boca pide pan. Este “narís” pis, pis. Estes ollos revirollos. Esta testa “testaruda”… ¡e este peliño de burra! Como no anterior,... Ler máis
Durme, miña nena, durme, ¿quen te ha de “acalentare”? que túa nai vai no muíño e teu pai vaina “buscare”. Durme, miña nena,... Ler máis
Durme logo, Antoniño, non me fagas “rabear” que vén teu pai do traballo, sen facer está o xantar. M. Barrio – X. Lorenzo:... Ler máis
Deixa unha resposta