Tintirintín, tintirintolo (varias versións)
Titiritiña, titiritolo,
o que non come non ten barrigola.
Titiritiña, titiritón,
o que non come non ten barrigón.
Tintirintín, tintirintolo
o que non come non ten barrigolo.
Titiritiña, titiritolo,
o que non come non ten barrigola.
Titiritiña, titiritón,
o que non come non ten barrigón.
Kiwita
Tintirintín, tintirintolo
o que non come non ten barrigolo.
Navia de Suarna
Arrú, arrú, meu meniño. Arrú, arrú, meu rapaz. Arrú, arrú, meu meniño, ben arruadiño vas. M. Barrio – C. Sampedro: “Cancioneiro…” Ler máis
Durme logo, Antoniño, non me fagas “rabear” que vén teu pai do traballo, sen facer está o xantar. M. Barrio – X. Lorenzo:... Ler máis
Esta meniña ten sono, ten ganiñas de durmir, ten un olliño pechado e o outro non o pode abrir. Ler máis
– Dimas e damas foron ó mar Dimas caeu, ¿Quen quedou? – Damas. – Pois, tómaas. Cando o/a neno/a di “damas” o adulto dálle unha... Ler máis
Serra, Martiño, serra, Martiño, ti polo pan e eu polo viño. Serra, Martiño, sérrame o pan, sérrame o viño, sérrame a man. M. Barrio – M. Fernández... Ler máis
Té, chocolate, café, para San Xosé, que está maliño dun pé. A función do dito é acariñar o/a meniño/a a quen se lle di:... Ler máis
Toca palmiñas, que vén o papá. Toca palmiñas, que logo virá. O adulto recita dando palmas para que o/a neno/a o imite. M. Barrio... Ler máis
Este foi por leña. Este foille axudar. Este foi por un ovo. Este fritiuno e este gordo comeuno. Mónica de Escornabois-Trasmiras-Ourense Ler máis
Arrunrún, cascarrún, hoxe non e mañá si. E dálle do mar e dálle da Ría, que está na cama o pai desta cría. E dálle da... Ler máis
Cachola, cachola que vas para a escola. “Cabesa, cabesa, Non des na artesa. Angaso, angaso, Non des nun braso”. Calacú, calacú, Que che dou no cu. A... Ler máis
1 Comentario
Cando neno, a miña bisavoa collíame no seu colo e cantábame esta cantiga desta forma:
Este meniño que teño no colo
e dun amor que lle chaman Manolo,
Este meniño que teño no brazo
e dun amor que lle chaman Inacio.
Tan parrantán parrantán parrantiñás
o que non come non ten barriguiñas,
tan parrantán parrantán parrantolas,
o que non come non ten barrigolas.
Ela era de San Pedro de Nos (A Coruña) nacida nos anos 70 do século XIX.