Esta é a noite,
este é o día,
este é o cu
da tía María.
O adulto colle a man do/a neno/a, que... Ler máis
https://orellapendella.gal/wp-content/uploads/2008/11/dimas_e_damas.mp3
– Dimas e damas
foron ó mar
Dimas caeu,
¿Quen quedou?
– Damas.
– Pois, tómaas.
Cando o/a neno/a di “damas” o adulto dálle unha... Ler máis
Toca as palmas,
que vén a ama.
Se non vén hoxe
mañá virá.
Chelo, de Taragoña
Ler máis
Dedín, dedín,
samarroquín,
rabo de rula,
mazarula,
cando o rei
por aquí pasou,
todas as damas
conquistou,
menos unha que
queedouuuuu.
A medida que se recita vanse tocando e... Ler máis
– ¿Cando cociches?
– Onte á noite.
– ¿E que fixeches?
– Un boliño.
– ¿E quen cho levou?
– Un ratiño.
– ¿E como... Ler máis
¡Arre, burriquiño!
Vamos a Belén.
Que mañá e festa,
pasado tamén.
¡Arre, arre, arre,
que chegamos tarde!
M. Barrio – Eladio Rodríguez: “Diccionario…”
Ler máis
Meu meniño, non “te durmas”
que che vou quentar o leite
e despois, dende que o tomes,
xa podes “adormecerte”.
M. Barrio –... Ler máis
Serra, compadre,
serra, comadre,
na serrería
do señor abade.
M. Barrio
Ler máis
Este bico bicolán.
Esta boca come pan.
Este ollo pirulete.
¡Arráncate cabalete!
Puchinocativo, de Cervo
Ler máis
https://orellapendella.gal/wp-content/uploads/2008/11/este_foi_o_mar1.mp3
Este foi ó mar e non pescou nada.
Este foi ó mar e pescou unha pescada.
Este quedou en terra e... Ler máis
Deixa unha resposta