Potiquiña, poticar
Potiquiña, poticar.
Este xogo sen pecar.
Potiquiña, poticar.
Este xogo sen pecar.
Este recitado acompaña o xogo do sarillo, que pertence ó grupo dos xogos de habilidade con pelouros ou coias. Participan como mínimo dúas persoas e máximo dez. Utilízanse catro coias. Primeiro lánzanse dúas ou tres coias ó aire e tentan collerse cunha man. Cóntanse as veces que se fai. O normal é facer 50 ou 100. Cando cae algunha coia pérdese. Despois xógáse ó sarillo, que consiste en que das catro coias só se lanza unha. Mentres esa coia permanece no aire, coa man que a vai recoller móvense as outras coias. É o momento en que se canta:”Potiquiña, poticar…” Unha coia hai que facela pasar entre os dedos da outra man, que fan unha especie de ponte. Outra hai que lanzala de maneira que toque o nariz, etc.
Mónica de Escornabois-Trasmiras-Ourense
Novo “Pra” min, “pra” vós, “pra” a filla do rei (casada con “mi”, casada con vós,) (merda “pra mi”, merda “para” vós,). ¿En quen... Ler máis
– Rabexar, rabexar, mentres o lobo vai mexar – Eu son o lobo que te hei de comer – E eu... Ler máis
Sortelliña, pequeniña, a de ouro e a de prata onde o rei repartía a nata, no horto de María Inés, corre “tu”, que che toca a vez. M.... Ler máis
Chin, chon, caravillón. Dito para acompañar o abaneo da randeeira. Meninheira, de Pontevedra Ler máis
– Quen te picou? – A Pica Polaina – Pois vai alá a “traina”. – Que traes acá? – A fulana ou fulano –... Ler máis
– Malandrán me vou, malandrán me veño, e o meu cordeiriño na corte o teño. – Mariquiña, ¿que estás facendo? – Estou peneirando. – Malandrán… –... Ler máis
Tris, tras, cabaleiro, fóra estás. M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…” Ler máis
Conta xusta rematada -dixo o cura da Gulada- son tres porcos, seis touciños, doce patas, tres fociños, seis orellas e tres rabos, que son trinta, ben contados. Aroa, de Salvaterra de... Ler máis
– Pita cega, ¿que perdiches? – Unha agulla e un dedal. – Dá tres voltas ó redor que xa os atoparás. Unha, dúas... Ler máis
Á unha, Virxe pura, ás dúas, mans de Deus, ás tres, San Andrés, ás catro, San Ignacio, ás cinco, pego un brinco, ás seis,... Ler máis
Deixa unha resposta