Potiquiña, poticar
Potiquiña, poticar.
Este xogo sen pecar.
Potiquiña, poticar.
Este xogo sen pecar.
Este recitado acompaña o xogo do sarillo, que pertence ó grupo dos xogos de habilidade con pelouros ou coias. Participan como mínimo dúas persoas e máximo dez. Utilízanse catro coias. Primeiro lánzanse dúas ou tres coias ó aire e tentan collerse cunha man. Cóntanse as veces que se fai. O normal é facer 50 ou 100. Cando cae algunha coia pérdese. Despois xógáse ó sarillo, que consiste en que das catro coias só se lanza unha. Mentres esa coia permanece no aire, coa man que a vai recoller móvense as outras coias. É o momento en que se canta:”Potiquiña, poticar…” Unha coia hai que facela pasar entre os dedos da outra man, que fan unha especie de ponte. Outra hai que lanzala de maneira que toque o nariz, etc.
Mónica de Escornabois-Trasmiras-Ourense
Paxariño, rechinchiño, vaite esconder detrás da pía de tía Inés que “te” toca a túa dita “ves”. Este dito pódese usar para botar... Ler máis
Revolución do tío lirón, unha. Revolución do tío lirón, dúas. Revolución do tío lirón, tres. – ¿Onde hai lume? – Acolá, acolá, que... Ler máis
Pita cega que perdiches un dedal, espera por el que aí che vai. M. Barrio – X. Taboada: “Etnografía…” Ler máis
Á unha, Virxe pura, ás dúas, mans de Deus, ás tres, San Andrés, ás catro, San Ignacio, ás cinco, pego un brinco, ás seis,... Ler máis
Gato, gato Maragato, dime a verdade se non te mato; un, dous, tres e catro. Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…” Ler máis
Pico, pico, mazarico, ¿quen che deu tan longo “pico”? Deumo Deus e San Santiago para picar o pan no agro e piquei e... Ler máis
– Malandrán me vou, malandrán me veño, e o meu cordeiriño na corte o teño. – Mariquiña, ¿que estás facendo? – Estou peneirando. – Malandrán… –... Ler máis
– Barquilleiro, barquilleiro, ¿cantos dedos hai no medio? M. Barrio – Eladio Rodríguez: Diccionario…” Ler máis
– ¿De onde vés? – Do muíño. – ¿Que traes? – Fariña. – Bota para alá que esta non é miña. – Bota para acá que... Ler máis
Uni, doni, treni, canteni, seman, badani, chinchín, carroupín, carroupés, fan des, un burro de catro pés. Luísa, de Vilariño – Agolada Ler máis
Deixa unha resposta