Quen te picou?
– Quen te picou?
– A Pica Polaina
– Pois vai alá a “traina”.
– Que traes acá?
– A fulana ou fulano
– Pois lévao para alá que non é verdade // ou “Trae para aquí que é así”.
– Quen te picou?
– A Pica Polaina
– Pois vai alá a “traina”.
– Que traes acá?
– A fulana ou fulano
– Pois lévao para alá que non é verdade // ou “Trae para aquí que é así”.
Un adulto ou neno/a senta e outro/a pon a cabeza no seu regazo de costas ao resto, sen ver. Vén outro/a e pícalle cun dedo no lombo ou no cu. Entón o/a que está sentado/a di: “Quen te picou?”, e a/o que está agachado/a: “A Pica Polaina” e a/o sentado/a contesta: “Pois vai alá e traina“. Nese momento levántase o rapaz ou a rapaza e vai buscar a quen pense que lle deu. E entón é cando se di a segunda parte do dito. Se adiviña pasa esa persoa a quedar e se non, continúa a mesma ata que adiviñe.
Laura B, do Carballiño
Onilla de cilla da gargarabilla, sete becerros á porta da vila. Ordillón con ordillón salta ti. Fóra capón, galiña, galiña para a miña boquiña. Pé de gato, vinte e... Ler máis
– ¿Hai fume na túa casa? – ¡Non, na miña casa só hai lume! Pregunta naquela. Ler máis
– Pun, pun. – ¿Quen vai? – Pedro Gurgullo. – ¿Que vén catar? – Cebada para o burro. – ¿Canta quere? – Cen fanegas. – Aí... Ler máis
Meu pai ten un caixón cheo de puntas; dime neno/a cantas son. Unha, dúas, tres… O/a neno/a aludido/a dirá un número calquera e, comezando por... Ler máis
Novo “Pra” min, “pra” vós, “pra” a filla do rei (casada con “mi”, casada con vós,) (merda “pra mi”, merda “para” vós,). ¿En quen... Ler máis
Era un vello e plantou unha viña, luns e martes de madrugada, tras do outeiro da pena furada. Vén a cabra e roeu a... Ler máis
Tris, tras, cabaleiro, fóra estás. M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…” Ler máis
Pan, queixo, auga, viño e touciño, touciño, touciño… Cando se di “touciño” dáselle rapidez á corda ata que perda o/a neno/a. Cóntase o número de veces que... Ler máis
Sei amasar, sei peneirar, sei dar a volta por riba do mar. Dúas persoas (de altura semellante), unha fronte á outra e collidas... Ler máis
– Decotín, decotán, de la Zeca, de la Meca, de la “cabirta” corneca. Señor Pedro, forasteiro, ¿cantos dedos hai no medio? – Hai un. – Se... Ler máis
Deixa unha resposta