(Sinalando cada dedo)
Dedín, dedín,
do teu burriquín,
cando o rei
por aquí pasou,
todas as aves
convidou.
“Sólo” unha,
que quedou.
Chirlo mirlo,
vaite deitar,
ás portiñas
de San Xoán.
Cae... Ler máis
Era un vello e plantou unha viña,
luns e martes
de madrugada,
tras do outeiro
da pena furada.
Vén a cabra e roeu a... Ler máis
Pinto, pinto,
gagarabinto,
teño unha vaca
de vinte e cinco.
Teño un boi
que sabe arar;
tamén sabe
trompicar;
dar a volta
ben redonda
esa nena
que se esconda.
Sabela Gil.
... Ler máis
Chirlosmirlos,
vaite de aí
que esta nena bonita
non é para ti.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Ler máis
Unha, dúas, tres
Paco, Perico e Andrés.
Mariló, de Brión
Ler máis
Lata, lata,
á redonda;
ó que lle toque,
que se esconda…
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…”
Ler máis
Don Xulián
foi á misa;
veu un can
e comeulle a camisa.
Marcha can,
que non é pan,
que é camisa
de Don Xulián.
Concha García: “Para... Ler máis
– Decodín, decodán,
delavera, veraván.
Dende o pazo ata a cociña
¿cantos dedos tes enriba?
– Catro.
– Se dixeses cinco
nin perdías nin gañabas,
nin... Ler máis
– Pun, pun.
– ¿Quen vai?
– Pedro Gurgullo.
– ¿Que vén catar?
– Cebada para o burro.
– ¿Canta quere?
– Cen fanegas.
– Aí... Ler máis
Unha, dúas, tres,
chi;
unha, dúas, tres,
cu;
unha, dúas, tres,
la;
unha, dúas, tres,
te.
Chiculate,
Chiculate…
Cando se di cada unha das sílabas “chi-cu-la-te” levántase a corda... Ler máis
Deixa unha resposta