Para botar as sortes

Pavís, pavós (varias versións)

Novo

“Pra” min, “pra” vós,
“pra” a filla do rei
(casada con “mi”, casada con vós,)
(merda “pra mi”, merda “para” vós,).
¿En quen escolledes?
Vostedes, vosoutros, vós.

Nesta versión pódese descubrir a posible orixe do primeiro verso do resto das versións e co que se denomina comunmente este dito: “Pavís, pavós”. Sería unha deformación de “Pra min, pra vós”.
Por outra banda, a persoa informante sinala que se poden combinar os versos cuarto e quinto da maneira seguinte: “casada con “mi”, merda “para” vós”.

Terra de Melide

(máis…)

Dedín dedín (varias versións)

Novo

Didín, didín do charramusquín,
do arzabuco, do rabo do cuco.
Cando o rei por aquí pasou
todas as aves convidou
menos unha que quedou
e esa foi con gran pesar.
Chouca, bouca, cabeza de ouca,
vaite deitar nas portiñas de “Gibraltar”
que de alí te irán buscar
morta, viva, derreada ou como sexa.
Alza, lúa,
baixa o sol,
¿en que cabaliño queres ir mellor?
No que mande el rei, señor.

Nesta ocasión, o dito do “Dedín dedín…”, que cruzou o mar, úsase para acompañar o xogo de cabalgar nas pernas ata que se simula unha caída do cabalo.

Héctor López Irabedra, de Buenos Aires – Arxentina

(máis…)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies