Brasa, brasa
Brasa, brasa,
cada un
para a súa casa…
Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación. O participantes póñense en roda ou en ringleira diante do botador. Este sinala un a un os compañeiros, recitando ou cantando a cantinela escollida. Son moi ricos e variados en todas as culturas.
Brasa, brasa,
cada un
para a súa casa…
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…”
Papel de estraza,
cada un
para a súa casa;
papel de cartón,
cada un
para o seu caixón.
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…”
Sortelliña,
pequeniña,
a de ouro
e a de prata
onde o rei
repartía a nata,
no horto de María Inés,
corre “tu”,
que che toca a vez.
M. Barrio – L. Prieto: “Juegos infantiles…”
Galiña
pintada
que andas
pola casa
de pau
en pau.
Valor,
fedor.
Toca,
viola.
Vai ti
para fóra.
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
Pelo,
gato,
vinte,
catro,
un,
dous,
tres,
catro.
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
Meu pai
ten un caixón
cheo de puntas;
dime neno/a
cantas son.
Unha, dúas, tres…
O/a neno/a aludido/a dirá un número calquera e, comezando por el/ela, o sorteador contará dende un ata a cantidade dita.
Concha García: “Para dicir e facer”
Don Emilio
de Celanova
tiña un gato
e durmíalle fóra;
colleu un pau
e deulle na cola;
salta Marica,
salta para fóra.
Concha García: “Para dicir e facer”
Don Xulián
foi á misa;
veu un can
e comeulle a camisa.
Marcha can,
que non é pan,
que é camisa
de Don Xulián.
Concha García: “Para dicir e facer”