Paxariño, rechinchiño
Paxariño, rechinchiño,
vaite esconder
detrás da pía de tía Inés
que “te” toca a túa dita “ves”.
Paxariño, rechinchiño,
vaite esconder
detrás da pía de tía Inés
que “te” toca a túa dita “ves”.
Este dito pódese usar para botar as sortes ou para xogar cos dedos do bebé.
Rosa Mª Fernández Carrera, de Tomiño
Aceiteira, vinagreira, chas con ras, dar sen dar, dar sen falar, dar un belisquiño no cu e botar a escapar. Rosa Fernández Carrera, de Tomiño (máis…) Ler máis
– ¡Ai, comadre, roubáronme as galiñas…! – ¡Ai! Eu non fun. Estas galiñas son miñas… – ¡De iso nada! Esas son... Ler máis
Potiquiña, poticar. Este xogo sen pecar. Este recitado acompaña o xogo do sarillo, que pertence ó grupo dos xogos de habilidade... Ler máis
Pasa, Perico, pasa, Monteiro, polas portas dos carabineiros. O de diante corre moito. O de atrás aí quedará. Ler máis
– ¿Hai fume na túa casa? – ¡Non, na miña casa só hai lume! Pregunta naquela. Ler máis
Botón, botón da bota boteira: ¡Chirivitón, vaite con ela! Paxuriña Limón, de Comesaña – Vigo Ler máis
– Quen te picou? – A Pica Polaina – Pois vai alá a “traina”. – Que traes acá? – A fulana ou fulano –... Ler máis
Papaivello, come tripas con farelo (ou de carneiro). M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
– Vexo, vexo… – ¿Ti que ves? – Vexo unha cousa que… (1ª pista; p.e.: é de cor…) – … – ¿Empeza pola... Ler máis
Deixa unha resposta