Un, dous
Un, dous,
tres, catro.
Sae ti,
que vén o gato.
Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación. O participantes póñense en roda ou en ringleira diante do botador. Este sinala un a un os compañeiros, recitando ou cantando a cantinela escollida. Son moi ricos e variados en todas as culturas.
Un, dous,
tres, catro.
Sae ti,
que vén o gato.
Saria
Catro patas
ten un gato:
unha, dúas
tres e catro.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Énele pénele.
Síquili sa.
Rápete rápete.
Engó.
María Luísa Calvar, Julio Santos e Pepe Bonet, de Marín: “A nosa memoria- Marín”
Nun caixón
hai catro gatos:
un, dous, tres e catro.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Gato, gato
Maragato,
dime a verdade
se non te mato;
un, dous, tres e catro.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Taco, taco,
número catro,
un, dous,
tres, catro
mil novecentos
oitenta e catro.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Para min,
para vós,
“pra” ningún
de vós os dous.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Chirlosmirlos,
vaite de aí
que esta nena bonita
non é para ti.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos…”
Barrabís,
barrabás,
ti quedas
e ti te vas.
Roberto da Ponte do Porco – Miño
Un, dous, tres,
Paco, Perico e Andrés.
David de Vilanova