Heiche mercar un corrovelás
Heiche mercar un corrovelás coas pernas para diante
e outro con elas para atrás.
Heiche mercar un corrovelás coas pernas para diante
e outro con elas para atrás.
Cando un neno ou nena pide que lle merquen ou que lle traian algo, os adultos contéstanlle desta maneira.
Taboada
-¡Tranquilo! -Tranquilo morreu cagando agarrado a un pé de millo e súa nai esperando por el no camiño. É a contestación para... Ler máis
Unha vella mufella mufella fifirifella de mi carantella tivo un fillo mufillo mufillo fifirifillo de mi carantillo. Mandouno á caza mufaza... Ler máis
– ¡Ah! – A primeira palabra que o burro dá. M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
Cuco de maio, cuco de abril, cóntame os anos que hei vivir. M. Barrio- I. Rielo: “Cancioneiro…” Ler máis
Tris, tras, a estopa urdirás co pé para adiante co cu para atrás. M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…” Ler máis
Pepe repepe, camisa rachada, foi á Coruña lamber a pescada. Lambeu e lambeu e nunca se encheu. Pepe repepe, camisa cagada, foi ó regueiro e tróuxoa mexada. (máis…) Ler máis
Landrusiño foi ó viño. Rompeu o xerro polo camiño. Pobre do xerro, pobre do viño, pobre do cu de Landrusiño. San Pedro – Cangas (máis…) Ler máis
Canta, meu crego, canta, meu frade; por este me entra, por este me sae. M. Rico “Tantarantán…” Ler máis
– ¡Ai, a Coresma…! – ¿…? – A cabalo de ti por unha perna. Iria, Ramón Fontenla e Virtudes Caamaño, de Valiñas... Ler máis
Catro bois e catro vacas soben carro costa arriba; non hai home nesta terra que catro veces o diga… (ata dicir catro veces). Ler máis
1 Comentario
Eiche mercar un corrovelas un salta paredes e un mirapatras