– Ten tinta, Antón?
– Tinta Antón ten.
Ler máis
– Corvo queimado,
que levas no rabo?
– Leite mazado.
– Quen cho dou?
– A María do Coucou.
– Con que lle deches?
–... Ler máis
Comín ril, ril
da “melra” gorda asada.
Josefa Pérez: “A nosa memoria- Marín”
Ler máis
Salouco trouco,
vaite de min
e métete noutro.
Díselle aos nenos/as cando teñen un salouco (impo).
Moncho, de Castrelos – Vigo
(máis…)
Ler máis
Landrusiño
foi ó viño.
Rompeu o xerro
polo camiño.
Pobre do xerro,
pobre do viño,
pobre do cu
de Landrusiño.
San Pedro – Cangas
(máis…)
Ler máis
Sei dun niño
dunha cecigaciña
que con cinco cecigaciños está.
¿como faremos para desencecigaciñar
á cecigaciña
dos cinco cecigaciños?
O desencecigaciñador
que a desencecigañe
bo desencecigaciñador
será.
Ler máis
A pita pasa,
a pipa pinga.
Cando a pita pasa,
a pipa pinga.
Serafín A., de Celanova
Ler máis
– Canto son cinco e cinco?
– Dez.
– Fáltache a albarda, que burro xa es.
Cristalina, de Parderrubias – Ourense
Ler máis
Molliña, molliña,
na túa cariña.
Mollón, mollón,
no teu carón.
Cóllense as mans do neno ou da nena e, con elas, acaríñanse alternativamente... Ler máis
Tantarantán, tarantán tarantiña,
o que non come non ten barriguiña.
Tantarantán, tantarantán, tantarantola
o que non come non ten barrigola.
M. Barrio –... Ler máis
Deixa unha resposta