“Entrai” ben devagariño
“Entrai” ben devagariño,
non vaiades topexar,
que está durmindo o meniño,
non mo fagades chorar.
“Entrai” ben devagariño,
non vaiades topexar,
que está durmindo o meniño,
non mo fagades chorar.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Ai ah, ai ah. Andan os porcos no pan. ¿De quen son? ¿De quen son? Son do Señor Capitán. Ai ah, ai ah. Andan os... Ler máis
E, neniño, e, zapato no pé. Sardiña salgada “pró” noso Xosé. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Arre ru, arre ru, cunha tranquiña no cu. Morrerán os vellos todos quedaremos eu e “tu”. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Hora, meniño, hora, miniño, que están as sopas no “caceroliño”. Meniño e hora, se non queres calar chora. M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…” Ler máis
Eh, meniño, eh, vai papá na vila, vai mercar café. M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…” Ler máis
Este neniño pequeno quen o vai aturular. Súa nai vai no muíño e seu pai vai traballar. Este neniño pequeno quen lle vai a... Ler máis
Arronrón, cascarrón. A mamá, na vendima. O papá, no carbón. Cántase facendo énfase nas consoantes para durmir os pequenos. Mercedes Fernández Rodríguez, do Saviñao Ler máis
Non te troco, meu meniño, non te troco, meu amor, nin pola prata da lúa, nin polo ouro do sol. M. Barrio –... Ler máis
Súa nai vai no muíño e seu pai non ten que darlle e a meniña chora chora, dálle que dálle. A nosa memoria-... Ler máis
Meu meniño, non “te durmas” que che vou quentar o leite e despois, dende que o tomes, xa podes “adormecerte”. M. Barrio –... Ler máis
Deixa unha resposta