¿Que hai por dentro?
-¿Que hai por dentro?
– Pan barolento.
– ¿Que hai por fóra?
– Pan de Riola.
– Vamos tocar un pouquiño a “funfurriñola”.
O que ría leva na cachola.
-¿Que hai por dentro?
– Pan barolento.
– ¿Que hai por fóra?
– Pan de Riola.
– Vamos tocar un pouquiño a “funfurriñola”.
O que ría leva na cachola.
Os/as participantes no xogo xuntan os puños mentres se recita. Despois cadaquén fai xirar os seus puños un sobre o outro ó tempo que emite un son “mmmm”. Perde quen ri primeiro.
Zé Pomar de Cariño
– Tantarantán, ¿para onde vas vella? – Tantarantán, vou para Pontevedra. – Tantarantán, ¿que vas buscar? – Tantarantán, unha carga de sal. –... Ler máis
– Queres caldo, Bernaldo? – Non, señor, que me escaldo. – E queres touciño? – Non, señor, que me pela o “fuciño”. Manuel... Ler máis
– Puñín, puñín. – Puñín, puñín. – ¿Quen está dentro? – Xan do Convento. – ¿Quen está fóra? – Xan da Gaiola. – O que... Ler máis
– As túas cabras foron á miña viña. – E as túas, á miña. -¿E por onde subiron? – Pola escaleiriña arriba. –... Ler máis
– O teu galo foi á miña viña. – E o teu, á miña – ¿Quen o mirou? – Unha rapariguiña. – ¿E... Ler máis
– Abre os olliños, Xan, que che vén Deus a ver, coa cunquiña de sopas. – ¡Veña Deus ou veña o Diaño, eu... Ler máis
– ¿Que hai naquel tellado? – Un gato esfolado. – ¿Que hai naquela artesa? – Unha vella tesa. – ¿Que hai naquela escaleira? –... Ler máis
– ¿Que é este? – Arca cerrada. – ¿Que ten dentro? – Masa amasada. – ¿Quen a amasou? – Un ratiño co rabo da... Ler máis
– Pasei pola túa porta, ¡non me faluches! – Topáchela aberta, ¿por que non entruches? M. Barrio – J. Pérez Ballesteros. “Cancionero…” Ler máis
Deixa unha resposta