Arre, bestiña,
á casa da madriña
a tomar a boliña
que está cocidiña.
Arre, bestón,
á casa de Antón
a tomar o bolón
que está cocedón.
Na... Ler máis
Aceiteira,
vinagreira,
chas con ras,
dar sen dar,
dar sen falar,
dar un belisquiño no cu
e botar a escapar.
Rosa Fernández Carrera, de Tomiño
(máis…)
Ler máis
– Piruchiño, queres pan?
– Quero, se mo dan.
– Vai buscar o coitelo!
– Pois “logho” non quero.
Díselle ós nenos/as cando... Ler máis
Vente, ventiño,
vento mareiro,
que se non vés
non come o larpeiro.
Vente, ventiño,
vento mareiro,
que se non vés
non vén o barqueiro.
Rico Verea, Manuel:... Ler máis
Punto, repunto,
Señor Director,
para o ano que vén
seremos mellor.
Punto, repunto,
Señor Director,
para o ano que vén
¡seremos peor!
Ler máis
“Dunha vez, era un neno…”
“E, doutra vez, era un lobo…”
Cando se contan varios contos, como é habitual, o seguinte... Ler máis
– Sabes que?
– Que?
– Que o ollo do cu non ve.
– Sabes cando?
– Cando?
– Cando está cagando.
– Sabes onde?
–... Ler máis
Cando chove e quenta o sol,
anda o demo por Ferrol,
cargadiño de alfinetes,
para picarlles no cu ás mulleres.
Roberto, da Ponte... Ler máis
Come e come ben
e ponte gordo
e se te chaman
fai o xordo.
Teodoro, do Valadouro
(máis…)
Ler máis
Bate, meu leite,
na cántara nova
con tres pelouriños
e mais o da roda.
Este dito acompaña o labor de bater o leite... Ler máis
1 Comentario
Era a miña ávoa.