Punto, repunto,
Señor Director,
para o ano que vén
seremos mellor.
Punto, repunto,
Señor Director,
para o ano que vén
¡seremos peor!
Ler máis
Se as miñas guedellas
se me enguedellaron,
enguedelladas
non deben de estar.
Desenguedelládemas,
desenguedelládemas,
se as podedes
desenguedellar.
Ler máis
– Isto que son orellas ou campás?
– Campás.
– As campás hai que tocalas ¡Din, dan! ¡Din,dan!
– Isto que son... Ler máis
Lata, lata,
á redonda;
ó que lle toque,
que se esconda…
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…”
Ler máis
¡E víndeo ver!
¡E víndeo ver!
O vello Entroido
que está teso e doido
ó pé do carballo,
sentado nun tallo
¡sen ter que facer!
¡E... Ler máis
Catro bois
e catro vacas
soben carro
costa arriba;
non hai home
nesta terra
que catro veces
o diga… (ata dicir catro veces).
Ler máis
Arre, cabaliño.
Arre, burro, arre.
Arre, cabaliño,
que chegamos tarde.
Tres por riba,
tres por baixo,
ata que caias
do cabalo abaixo.
O/a neno/a cabalga na perna... Ler máis
Xan do Outeiro ten un can
que lle chaman Capitán.
Tamén ten unha cadela
que lle chaman Micaela.
Tamén ten un boi
que lle... Ler máis
Era un vello e plantou unha viña,
luns e martes
de madrugada,
tras do outeiro
da pena furada.
Vén a cabra e roeu a... Ler máis
– ¿Como te chamas?
– Come castañas.
– ¿E de apelido?
– Caldo cocido.
M. Barrio
(máis…)
Ler máis
Deixa unha resposta