Ás “escondas” dun “cencerro”
Ás “escondas” dun “cencerro”
San Xoán tiraba la,
San Xoán tiraba la.
San Pedro “me” leva o demo
e máis triqui triqui tra
e máis triqui triqui tra.
Ás “escondas” dun “cencerro”
San Xoán tiraba la,
San Xoán tiraba la.
San Pedro “me” leva o demo
e máis triqui triqui tra
e máis triqui triqui tra.
É un xogo de rolda. Están as cativas e os cativos sentados en círculo, cadaquén cunha pedra. Mentres se canta ”Ás escondas dun cencerro/ San Xoán tiraba la /San Xoán tiraba la./ San Pedro me leva o demo” hai que pasar a pedra á dereita coa man dereita e coller a pedra da esquerda coa man esquerda. Cando se canta “e máis triqui triqui tra” en vez de pasar e recoller, hai que mover a pedra da man esquerda ao lado esquerdo e logo ao dereito. A canción vai cantándose cada vez máis rápido, quen se confunde vai para fóra da rolda, ata que queda só unha persoa.
Paz Caldas, de Vigo
Don Emilio de Celanova tiña un gato e durmíalle fóra; colleu un pau e deulle na cola; salta Marica, salta para fóra. Concha García: “Para dicir e... Ler máis
Galiña pintada que andas pola casa de pau en pau. Valor, fedor. Toca, viola. Vai ti para fóra. M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
¡Tecelán, tecelán, dálle a volta ó batán! Ler máis
Unha, dola, tele, catole, quile, quilete, anda a raíña polo seu gabinete. Cinta de ouro para o mouro, cinta de gata para a gata. “Tu por tu pagas tu”. Ricardo... Ler máis
– ¿Hai fume na túa casa? – ¡Non, na miña casa só hai lume! Pregunta naquela. Ler máis
Pico, pico, mazarico, ¿quen che deu tan longo “pico”? Deumo Deus e San Santiago para picar o pan no agro e piquei e... Ler máis
– Vexo, vexo… – ¿Ti que ves? – Vexo unha cousa que… (1ª pista; p.e.: é de cor…) – … – ¿Empeza pola... Ler máis
Didín, didín do charramusquín, do arzabuco, do rabo do cuco. Cando o rei por aquí pasou todas as aves convidou menos unha que... Ler máis
(Sinalando cada dedo) Dedín, dedín, do teu burriquín, cando o rei por aquí pasou, todas as aves convidou. “Sólo” unha, que quedou. Chirlo mirlo, vaite deitar, ás portiñas de San Xoán. Cae... Ler máis
Deixa unha resposta