Novo
Luís, Luís,
copa de cana,
copa de anís,
caeu da cama
e rompeu o “narís”
Anxo, de Orro – Noia
(máis…)
Ler máis
¡Mira alí arriba, naquel piricouto!
-¿Que?
– Hai un vello cagando por outro.
Caraoucou, de Velle-Ourense
Ler máis
Na miña vida tal vin:
na feira de mentiráns
unha cadela con pitos,
unha galiña con cans.
M. Barrio – J. casal y... Ler máis
– Unha, dúas, tres e…?
– Catro.
– Tíralle do rabo ó gato!
Mini e Mero
Ler máis
– ¿Que?
– O ollo do cu non ve.
Para responder cando alguén fai que non oe.
Josean, de Marín
Ler máis
A tía Gancha tiña a cunca furada
e a culler chamuscada.
Cando chegaba á boca,
xa non levaba nada.
Maika, de Bande
Ler máis
O pisco e mais a carriza
trataron unha bailada:
cando o pisco daba voltas
a carriza punteaba.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Ler máis
Na banda de aló do río,
ten meu pai un castiñeiro
que dá castañas en maio,
uvas brancas en xaneiro.
Rico Verea, Manuel:... Ler máis
– ¿Que tes na cachola,
que tanto te amola?
– ¿Que tes na cabeza,
que tanto che pesa?
Díselle a alguén cando ten... Ler máis
– Lingua de sete palletas,
onde non te chamen
nunca te metas.
Mini e Mero
Ler máis
Deixa unha resposta