Xan, di a Xan
Xan, di a Xan
que lle diga a Xan
que vaia abrir a Xan
que está Xan á porta.
Xan, di a Xan
que lle diga a Xan
que vaia abrir a Xan
que está Xan á porta.
Montse Ginesta: “Trabalinguas…”
Tintininín dixeron o frades. Tintininín, as chaves, que oíron, Tintininín, de oílo se riron. Ler máis
Pasei polo río, polo río pasei. Pillei cordóns cordóns pillei. Ramón Fontenla e Virtudes Caamaño, de Valiñas – Barro Ler máis
Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pía. Xirarga, de Beluso-Bueu Ler máis
Se vou a Bueu nun bou vou. Se non vou a Bueu nun bou non vou. Ler máis
Teño unha ovella pelia, melia, peluda, pelada, e polo seu lombo arrepempenicada. Pariu os seus fillos pelios, melios, peludos, pelados, polo seu... Ler máis
Catro bois e catro vacas soben carro costa arriba; non hai home nesta terra que catro veces o diga… (ata dicir catro veces). Ler máis
Un can cun quinqué no cu. Angélica, de Mondoñedo Ler máis
Maragato pato, fillo dunha chincha. Cando o galo canta, o maragato rincha. Montse Ginesta: “Trabalinguas… ” Ler máis
Teño unha capa tallada, golada, borlada, repicatallada. Quen ma tallou, golou, borlou e repicatallou non ma soubo tallar, golar, borlar e repicatallar. Vou chamar o tallador, golador, borlador e repicatallador que ma veña tallar, golar borlar e repicatallar mellor. Montse Ginesta: “Trabalinguas…” Ed. Edelvives... Ler máis
Do queixo non che me queixo, que o queixo ben che me sabe; quéixome de quen o vende, que non mo deixa... Ler máis
Deixa unha resposta