“Vixiguento”
“Vixiguento”,
mal contento,
pide pan
e non llo dan
e “rabea” coma un can.
“Vixiguento”,
mal contento,
pide pan
e non llo dan
e “rabea” coma un can.
O adulto vaille collendo os dedos ó/á neno/a dende o máis pequeno ó máis gordo.
M. Barrio – R. Artaza: “Da Nosa Terra”
E, neniña, e, que che hei dar o té e mais as papiñas nun cacharolé. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Rebe, rebe, reberrola, ¿quen te ha de calentare? Túa nai vai no muíño e teu pai vaina “buscare”. O apelativo cariñoso “reberrola” pode... Ler máis
E, neniño, e, zapato no pé. Sardiña salgada “pró” noso Xosé. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Ai ah, ai ah. Andan os porcos no pan. ¿De quen son? ¿De quen son? Son do Señor Capitán. Ai ah, ai ah. Andan os... Ler máis
Se vas á carnicería que non che corten nin por aquí nin por aquí nin por aquí… ¡Que che corten por aquí! O adulto cóllelle... Ler máis
Este meniño que teño no colo é dun amor que se chama Manolo. Este meniño que teño nos brazos é dun amor... Ler máis
E, neniña, e, zapato no pé. Papá vai na vila buscar o café. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Eh, meniño, eh, vai papá na vila, vai mercar café. M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…” Ler máis
Este queixo queixolán. Esta boca pide pan. Este “narís” pis, pis. Estes ollos revirollos. Esta testa “testaruda”… ¡e este peliño de burra! Como no anterior,... Ler máis
Cachola, cachola que vas para a escola. “Cabesa, cabesa, Non des na artesa. Angaso, angaso, Non des nun braso”. Calacú, calacú, Que che dou no cu. A... Ler máis
Deixa unha resposta