Unha pérgara
Unha pérgara, párgara, pírgara;
se non fose pírgara, párgara, pérgara
non era pírgara, párgara, pérgara.
Unha pérgara, párgara, pírgara;
se non fose pírgara, párgara, pérgara
non era pírgara, párgara, pérgara.
Montse Ginesta: “Trabalinguas…
– Ten tinta, Antón? – Tinta Antón ten. Ler máis
Cinco figafarzos novos afigafarzaron a figafarza vella; veu o figafarzo vello e afigafarzou os cinco figafarzos novos e mais a figafarza vella. Ler máis
Maragato pato, fillo dunha chincha. Cando o galo canta, o maragato rincha. Montse Ginesta: “Trabalinguas… ” Ler máis
Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pía. Xirarga, de Beluso-Bueu Ler máis
Unha pega merga, reborderga, gorda, rebirigorda, acotobelada e xorda cría pegos mergos, rebordergos, gordos, rebirigordos, acotobelados e xordos. Se non criase pegos mergos, rebordergos, gordos, rebirigordos, acotobelados... Ler máis
– ¿Acórdache a corda? – ¡Acorda a corda! Amelia de Forcarei. Ler máis
Unha cunca de sal arrasada, ¿quen a desarrasará? O desarrasador que a desarrase bo desarrasador será. Ler máis
Un lobo rubio roe un loro duro. Se un lobo rubio o roe, un loro duro o remoe. Camilo Neira, de... Ler máis
A pita pasa, a pipa pinga. Cando a pita pasa, a pipa pinga. Serafín A., de Celanova Ler máis
Tangarrangandán, morreu o tangueiro. Tangarrangandán, deixalo morrer. Tangarrangandán, un tangueiro novo, Tangarrangandán, ha volver nacer. Ler máis
Deixa unha resposta