Unha pega merga (varias versións)
Unha pega merga, reborderga,
gorda, rebirigorda,
acotobelada e xorda
cría pegos mergos, rebordergos,
gordos, rebirigordos,
acotobelados e xordos.
Se non criase pegos mergos, rebordergos,
gordos, rebirigordos,
acotobelados e xordos
non sería unha pega merga, reborderga,
gorda, rebirigorda,
acotobelada e xorda.
Unha pega merga, cerga, zaferga,
zafigorda, pipirigorda, cega e xorda
que tiña un peguiño mergo, cergo, zafergo,
zafigordo, pipirigordo, cego e xordo.
¿Canto daría esta pega merga, cerga, zaferga,
zafigorda, pipirigorda, cega e xorda
por ter uns peguiños mergos, cergos, zafergos,
zafigordos, pipirigordos, cegos e xordos?.
Unha pegha, cegha,
faxegha e faxeghorda,
escotrobellada e xorda
criou os seus tres peghos ceghos,
faxeghos, faxerghordos,
escotrobellados e xordos.
Se a pegha non fose cegha,
faxegha e faxeghorda,
escotrobellada e xorda
non criaría os seus tres peghos ceghos,
faxeghos, faxeghordos,
escotrobellados e xordos.
Deixa unha resposta