Unha cunca de sal
Unha cunca de sal arrasada,
¿quen a desarrasará?
O desarrasador que a desarrase
bo desarrasador será.
Unha cunca de sal arrasada,
¿quen a desarrasará?
O desarrasador que a desarrase
bo desarrasador será.
hai un lobo rubio roendo un loro rubio. ¡Roe, lobo rubio, roe nese loro rubio! Ler máis
Tangarrangandán, morreu o tangueiro. Tangarrangandán, deixalo morrer. Tangarrangandán, un tangueiro novo, Tangarrangandán, ha volver nacer. Ler máis
Caeu unha “chica” ó chan. José, de Marín (máis…) Ler máis
Vindo revindo, copa copindo, copindo copa. E o que non diga “vindo revindo copa copindo copindo copa”, ¡un raio me parta se gota lle toca! Ler máis
Xan, di a Xan que lle diga a Xan que vaia abrir a Xan que está Xan á porta. Montse Ginesta: “Trabalinguas…” Ler máis
Sei dun niño dunha cecigaciña que con cinco cecigaciños está. ¿como faremos para desencecigaciñar á cecigaciña dos cinco cecigaciños? O desencecigaciñador que a desencecigañe bo desencecigaciñador será. Ler máis
Teño tres táboas moi mal entarabintintingoletadas. Hei mandar vir un entarabintintingoletador que mas veña entarabintintingoletar mellor. Ler máis
Collín cordóns, cordóns collín. Pola rúa corro, cordóns collo. Pola rúa corrín, cordóns collín. Trátase de dicilo o máis axiña posible sen mesturar as palabras... Ler máis
Pasei polo río, polo río pasei. Pillei cordóns cordóns pillei. Ramón Fontenla e Virtudes Caamaño, de Valiñas – Barro Ler máis
Unha pega rebordá puxo un ovo na quintá, puxo un e rebordou, puxo dous e rebordou, puxo tres e rebordou… (ata quedar sen... Ler máis
Deixa unha resposta