Un, dous, tres
Un, dous, tres,
Paco, Perico e Andrés.
Un, dous, tres,
Paco, Perico e Andrés.
David de Vilanova
Don Xulián foi á misa; veu un can e comeulle a camisa. Marcha can, que non é pan, que é camisa de Don Xulián. Concha García: “Para... Ler máis
Lagarto, lagarto, dime a verdade que se non te parto. Ler máis
Chin, chon, caravillón. Dito para acompañar o abaneo da randeeira. Meninheira, de Pontevedra Ler máis
Conta xusta rematada -dixo o cura da Gulada- son tres porcos, seis touciños, doce patas, tres fociños, seis orellas e tres rabos, que son trinta, ben contados. Aroa, de Salvaterra de... Ler máis
Pita cega que perdiches un dedal, espera por el que aí che vai. M. Barrio – X. Taboada: “Etnografía…” Ler máis
– Pita cega, ¿que perdiches? – Unha agulla e un dedal. – Dá tres voltas ó redor que xa os atoparás. Unha, dúas... Ler máis
Pin, pin, zarramacutín, cuca malla Serafin. Ti de ouro, ti de prata, tápate coa gravata. Marta e Tienza, de Salvaterra. Ler máis
Serra, serra, miña “cansela”, ti polo mar e eu pola terra. Dous rapaces/as están sentados/as no chan, un fronte ó outro... Ler máis
Lata, lata, á redonda; ó que lle toque, que se esconda… M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…” Ler máis
Pinto, pinto, gagarabinto, teño unha vaca de vinte e cinco. Teño un boi que sabe arar; tamén sabe trompicar; dar a volta ben redonda esa nena que se esconda. Sabela Gil. ... Ler máis
Deixa unha resposta