Teño unha ovella
Teño unha ovella pelia, melia, peluda, pelada,
e polo seu lombo arrepempenicada.
Pariu os seus fillos pelios, melios, peludos, pelados,
polo seu nome arrepempenicados.
Teño unha ovella pelia, melia, peluda, pelada,
e polo seu lombo arrepempenicada.
Pariu os seus fillos pelios, melios, peludos, pelados,
polo seu nome arrepempenicados.
A pita pasa, a pipa pinga. Cando a pita pasa, a pipa pinga. Serafín A., de Celanova Ler máis
– Ten tinta, Antón? – Tinta Antón ten. Ler máis
Se as miñas guedellas se me enguedellaron, enguedelladas non deben de estar. Desenguedelládemas, desenguedelládemas, se as podedes desenguedellar. Ler máis
Nai e filla foron á misa; nai pisa palla; palla pisa filla. Ler máis
Gancho reviragancho, que tanto revigarancheaches, deixa que te desreviraganchee con este desreviraganchiño que teño para desreviraganchear ganchos reviragancheados nas ramas do carballal. Ler máis
Xan, di a Xan que lle diga a Xan que vaia abrir a Xan que está Xan á porta. Montse Ginesta: “Trabalinguas…” Ler máis
Teño unha capa tallada, golada, borlada, repicatallada. Quen ma tallou, golou, borlou e repicatallou non ma soubo tallar, golar, borlar e repicatallar. Vou chamar o tallador, golador, borlador e repicatallador que ma veña tallar, golar borlar e repicatallar mellor. Montse Ginesta: “Trabalinguas…” Ed. Edelvives... Ler máis
Por detrás daquel toxo vai un pito coxo. Corre, pito coxo, pito coxo, corre. Victoria, de Sebil – Cuntis (máis…) Ler máis
– ¿Acórdache a corda? – ¡Acorda a corda! Amelia de Forcarei. Ler máis
Novo Sete varas de pano pardo, madre, escasa capa lle fan a un frade. Ispa esa escasa capa parda, frade. María Pepa, de... Ler máis
Deixa unha resposta