Se vas á carnicería
Se vas á carnicería
que non che corten
nin por aquí
nin por aquí
nin por aquí…
¡Que che corten por aquí!
Se vas á carnicería
que non che corten
nin por aquí
nin por aquí
nin por aquí…
¡Que che corten por aquí!
O adulto cóllelle un brazo ó/á neno/a cunha man e, coa outra, vaille marcando coa beira, a modo de coitelo, diferentes partes do brazo, desde o pulso cara ó ombreiro. Cando se achega ó sobrazo faille cóxegas na axila dicindo o último verso: “¡Que che corten por aquí!”.
Ai ah, ai ah. Andan os porcos no pan. ¿De quen son? ¿De quen son? Son do Señor Capitán. Ai ah, ai ah. Andan os... Ler máis
Este queixo queixo é. Esta boca come pan. Este ollo reberete e este outro seu irmán. ¡Tira, “ghabilán”! A nosa memoria- Marín Ler máis
Pequeniño, “Mai-grandiño”, Pai de todos, Furabolos e “Mata-pollos”. Angélica, de Mondoñedo Ler máis
Une, dole, tele, candele, somane, badal, chinchín, corropín, conta ben, que son dez. Perrello, de Gaioso – Outeiro de Rei (máis…) Ler máis
Dedín, dedín, samarroquín, rabo de rula, mazarula, cando o rei por aquí pasou, todas as damas conquistou, menos unha que queedouuuuu. A medida que se recita vanse tocando e... Ler máis
Seca, seca, pandeireta, que che dou unha peseta. Seca, seca, pandeirón, que che dou un patacón. Cántase mentres se axitan as mans, para... Ler máis
Esta testa testalán, estes ollos pete, pete, este “narís narisán”, esta boca pide pan, este queixo queixolán. ¡Turra polo capitán! Isto fáiselle a un meniño,... Ler máis
– ¿Onde está o gatiño? – Na ventaíña. – ¿E que come? – Pan e sardiña. – ¿Imos a un preito? – ¡Co rabo... Ler máis
Rebe, rebe, reberrola, ¿quen te ha de calentare? Túa nai vai no muíño e teu pai vaina “buscare”. O apelativo cariñoso “reberrola” pode... Ler máis
As cabras de Xan Barbeiro todas van por un raseiro; unhas brancas e outras negras e outras monas das orellas. M. Rico: “Tantarantán…” Ler máis
Deixa unha resposta